24/02/2014

Bo comezo laranxa na Copa Xuvenil

Bo comezo laranxa na Copa Xuvenil

Os xuvenís burelistas comezaron con bo pé na Copa Nacional ao impoñerse por 4-2 ao actual campión de liga, Azkar Lugo FS. A fin de semana tamén se tinguiu de vitoria en Deporte Escolar en catro dos seis encontros laranxas.



En Autonómica Infantil e Liga Prebenxamín da Mariña, a escola burelá non tivo tanta sorte, con resultados desfavorables para os primeiros por 4-2 e 1-4 e 7-10 para os máis pequenos.



Campionato Sub-16. A Selección Galega, cos laranxas Aarón, Noé e Mamadou, pechou a súa participación na fase previa do Campionato de España Sub-16 cunha vitoria e unha derrota. Tras as boísimas vibracións do partido inaugural, fronte á Comunidade Valenciana (2-4), os irmandiños caeron ante Aragón (2-4). Como campión de grupo, clasificouse para as semifinais Cataluña despois de impoñerse a aragoneses (2-8) e valencianos (7-1) con contundencia. Resultados RFEF



 




Copa Nacional Xuvenil



Burela FS 4-2 Azkar Lugo FS



 



Liga Autonómica Infantil



CD Mare Nostrum FS 4-2 ED Burela FS



 



Deporte Escolar



Ribadeo FS Cadete 0-13 CD Burela FS Cadete A



ED Burela FS Infantil C 2-5 ED Burela FS Infantil A



ED Burela FS Infantil A 3-2 ED Lourenzá Mondoñedo FS Infantil



ED Burela FS Infantil B 6-0 ACD Xove Infantil



ED Burela FS Alevín 3-4 ED Lourenzá Alevín



ED Burela FS Benxamín 3-4 ACD Xove Benxamín A



 



Liga Prebenxamín da Mariña



ED Burela FS 1-4 Santiago de Foz FS (Prebenxamín 1)



ED Burela FS 7-10 Santiago de Foz FS (Prebenxamín 2)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.