14/03/2014

5Coruña FS, destino do Burela FS B na 22ª xornada de Terceira

5Coruña FS, destino do Burela FS B na 22ª xornada de Terceira

O Burela FS Pescados Rubén B desprazarase este domingo, na 22ª xornada de Terceira División, á pista do herculino 5Coruña FS coa ilusión de seguir sumando puntos para reducir distancias co liderado, a tan só 2 puntos. O encontro, entre dous equipos nos que prima a xuventude, comezará ás 12.30 horas no Barrio das Flores.

Dende a quinta praza, os laranxas teñen cinco grandes finais por diante para continuar na pelexa do podio; están empatados co cuarto, A Estrada FS (38 puntos),  e teñen a terceira praza a 1 punto, nas mans do Concello de Vigo IES Coruxo; o cumio dirímese polo momento entre Leis Pontevedra FS e Santiago Futsal (40 puntos).

A primeira cita decisiva na recta final disputarase na cancha coruñesa, cun rival que dende a 12ª posición mantén moitas similitudes cos mariñáns. “Xogaremos contra un equipo tamén moi novo, que igual ca nós, mellorou na segunda volta. Presiona e defende ben, ofrece un xogo aberto e non sae a especular” definía o técnico burelista, Iván Cao ‘Lucas’. Segundo o preparador un dos hándicaps dos coruñeses é a finalización, algo no que tamén se mostraron certamente irregulares os laranxas ao longo da tempada. “Quen estea más acertado nos últimos metros levará o partido. Creo que se amosamos a seriedade dos últimos encontros teremos bastantes opcións de ser nós os dos tres puntos” concluía Lucas.

O vestiario do Burela FS B non poderá dispoñer de Bruno, que leva dúas semanas de repouso por reincidir nunha fisura do quinto metatarso, nin de Antón Couto, resentido na súa volta ás pistas, a semana pasada, da súa lesión de clavícula.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.