15/03/2014

O Burela FS dorme líder de Primeira tras imponerse ao Vallirana (2-5)

O Burela FS dorme líder de Primeira tras imponerse ao Vallirana (2-5)

O Burela FS Pescados Rubén volveu recoller tres puntos na súa persecución polo cume da elite, impoñéndose na pista do pechacancelas AE Vallirana por 2-5. O conxunto mariñán durmirá líder de Primeira División RFEF, á espera do resultado de mañá entre o Atlético de Madrid Navalcarnero e o Cidade das Burgas (La Estación 12.00 horas).



Non dispuxeron do seu mellor día as laranxas en finalización, pero a súa experiencia e serenidade sobre a pista proporcionáronlles a actitude e orde necesarias para levar o control do encontro e atopar cos ocos da meta rival. Adiantou no minuto 5 a pichichi burelista, Peque, de penalti, e no 12, outra das grandes finalizadoras do Burela FS, Lidia Mesías, subiu o 0-2, culminando ao bordo do área unha xogada combinativa en cruzamento do esférico ao segundo pau. Intentárono as pupilas de Quico Otero, pero tiveron que conformarse coa vantaxe de dous tantos ao descanso.



As zapatillas goleadoras de Peque encontaron o 0-3, aos cinco de reiniciado o xogo tras o descanso; a 7 laranxa, en xogada individual, superou en velocidade a defensa catalá para cruzar o balón ante a porteira local. Dous minutos despois, o Vallirana, que non xerara apenas perigo ata o momento na pista galega, reduciu distancias; Carla anotou o 1-3 ao aproveitar unha perda burelista e quedar soa ante Patri. Roldando o ecuador da segunda parte, Lidia deulles unha nova alegría ás mariñás, en xogada de estratexia desde córner, e pouco despois Claudia ampliou distancias ao cortar un balón na presión local e bater a porteira catalá. Un novo contragolpe proporcionoulle o definitivo 2-5 a Vallirana, a catro minutos para o final, de Ana Martín.



Ficha técnica



AE Valirana: Carmen, María Martínez, Xenia, Marta Cabrera, Ana Martín, cinco inicial; tamén xogaron Marta Casas, Mireia, Desiré, Nerea, Ana Domingo e Carla



Burela FS Pescados Rubén: Patri, Peque, Bea Mateos, Claudia, Lara, cinco inicial; tamén xogaron Daniela, Silvia Rubal, Cris e Lidia



Goles: 0-1, minuto 5, Peque; 0-2, minuto 12, Lidia; 0-3, minuto 25, Peque; 1-3, minuto 27, Carla; 1-4, minuto 30, Lidia; 1-5, minuto 31, Claudia; 2-5, minuto 36, Ana Martín



Tarxetas: Por AE Vallirana amarela a Marta Cabrera e por Burela FS a Peque

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.