20/03/2014

O CEIP Número 1 de Cervo imbúese da filosofía laranxa

O CEIP Número 1 de Cervo imbúese da filosofía laranxa

O alumnado do CEIP Número 1 de Cervo, en San Cibrao, recibiu onte a visita do CD Burela FS Pescados Rubén. Os xogadores/as de Primeira División Edu, Mimi e Lidia, xunto aos monitores da base Christian e Benito, gozaron duns animados adestramentos cos nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, nos que houbo tempo para todo un pouco: fútbol sala, bromas e confidencias.



Dentro do programa laranxa de difusión do fútbol sala entre as idades temperás, o CEIP focego Fondo Nois será o próximo destino da filosofía burelista. O vindeiro luns, 24 de marzo, xogadores/as, acompañados polo director da ED Burela FS, Alfonso Mera, compartirán unha divertidísima xornada cos nenos/as de 3º e 4º de Primaria.




No presente curso, o CD Burela FS Pescados xa se coou nas aulas do CEIP Riotorto, visita incluída na actividade Coñece o meu Club, do programa Xogade pertencente á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Alfonso Mera, Juanma e Claudia achegaron o día a día da estrutura laranxa aos estudantes do centro, ademais de compartir con eles un entretido xantar.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.