04/04/2014

Quico Otero: 'Temos moito que dicir. Aínda queda moita liga'

Quico Otero: 'Temos moito que dicir. Aínda queda moita liga'

O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá o Móstoles FSF na 24ª xornada de Primeira RFEF. Tras o pase á final da Copa Galicia ante o Cidade das Burgas (2-4), as laranxas volven á liga máis reforzadas. “Temos moito que dicir. Aínda queda moita liga. A vitoria en Ourense serviunos para soltarnos un pouco despois de Navalcarnero, un bo punto de recuperación anímica para seguir con forza na liga” explicou o técnico, Quico Otero.



O cadro feminino abrirá una tarde repleta de fútbol sala de elite en Vista Alegre, ás 16.00 horas. O Maratón Laranxa continuará co encontro de Primeira LNFS entre o Burela FS e o Jaén Paraíso Interior (18.30 horas); a entrada para ambas as citas (16.00 e 18.30 horas) será gratuita para soci@s; o prezo para non soci@s será de 12 euros/adulto, 5 euros/14-17 anos e 3 euros/0-13 anos.



Dende  a segunda praza (58 puntos), o Burela FS mídese ao actual duodécimo clasificado (21 puntos) co compromiso de aproveitar calquera oportunidad para sorprender de novo o líder, Navalcarnero (60 puntos). “Levamos semanas coa obriga de puntuar de tres en tres. Non dependemos de nós, pero seguimos coa mesma obriga para manter as nosas opcións” adiantou Quico.



“Medímonos a un equipo necesitado de puntos, historicamente forte, que xoga agresivo e con intensidade” analizaba o burelista. “Temos que ser capaces de aguantar as súas saídas, especialmente de María Otero, Eva Manguán e Patri; é un rival con conta con grandes pasadoras que poden dar sorpresas en calquera momento. De Patri parte gran parte da elaboración do equipo” puntualizaba Quico Otero, que disporá de todos os efectivos para cita excepto Paula, aínda que con Lidia e Peque minguadas por senllas molestias. Nas filas mostoleñas a única ausencia será a de Pauli.



Na primeira volta, o resultado foi para as laranxas (1-7).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.