26/04/2014

Vitoria e clasificación histórica

Si nos contan fai anos que o noso equipo disputaría o Play Off polo título de Liga da Primeira División, moita xente catalogaría esta afirmación como utópica... Burela, un pequeno pobo costeiro na Mariña Lucense demostrou en numerosas ocasi
Vitoria e clasificación histórica
Pois sí, ese día chegou. Superando duros golpes e tristezas, o Burela Pescados Rubén logrou unha histórica clasificación para os Play Off polo título na Mellor Liga do Mundo. Quedan oito equipos e o Burela Pescados Rubén será o representante galego na carreira polo título de campión. A sétima plaza acadada, enfróntanos a un grande do Fútbol Sala como ElPozo Murcia que visitará Vista Alegre o 10 de maio. Imposible? Veremos, pero ese será outro capítulo.

O 25 de abril de 2014, o Burela Pescados Rubén selou en Santa Coloma unha páxina dourada da súa curta historia que nos invita a seguir soñando e gozando entre a élite nacional do Fútbol Sala.

O conxunto dirixido por Juanlu Alonso venceu por 1-2 ao Marfil Santa Coloma tras un choque de máxima intensidade e remontando o 1-0 co que se chegou ao descanso, despois dun primeiro tempo no que os bureleses desaproveitaron numerosas ocasións. Na continuación, o ritmo incrementouse e houbo intercambio de golpes pero o marcador seguía impasible cando se enfilaba a recta final.

A seis minutos para o desenlace, emerxeu a figura do capitán burelés. Juanma nunha acción individual espectacular estableceu o empate (1-1) e acto seguido Mimi conseguía a remontada (1-2). O Marfil buscou o xogo de cinco e o Burela Pescados Rubén, nun par de ocasións, rozou sentencia pero a emoción e os nervios aumentaron aínda máis co penalti sinalado en contra a 20 segundos do final. Sepe executou a pena máxima e Álex redondeou a súa actuación evitando o empate. Sen tempo para máis, o son da bocina certificou a vitoria (1-2) e permitiu o merecido xúbilo laranxa. Noraboa rapaces!!

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.