02/05/2014

As campionas volven á Liga con outro derbi galego

Case sen tempo para saborear o título de campión da Copa Galicia, o Burela Pescados Rubén volve á competición ligueira para afrontar outro derbi galego. Nesta ocasión o rival é o Pescamar Poio que recibe no seu feudo ao conxunto mariñano, s
As campionas volven á Liga con outro derbi galego
Respecto de a final disputada en Ferrol, Quico Otero destacou “a personalidade que tivo o equipo para soportar a presión ante un gran rival como o Ponte Ourense e a reacción ante a adversidade. Considero que no cómputo global do encontro fomos superiores e gañamos con xustiza. O equipo estivo á altura do evento e é unha gran alegría poder brindar á nosa afección este título”.

O calendario aperta e a Liga xa asoma polo que o equipo “xa debe pasar páxina e centrarnos no partido ante o Poio que é un rival complicado con xogadoras determinantes e que na súa casa aumenta o seu potencial”. A catro xornadas para o final e coa desvantaxe de cinco puntos respecto ao Atlético de Madrid, o técnico burelao incide en que “temos que manter a concentración e competir, somos conscientes que o título está moi difícil pero debemos facer os deberes ata que as matemáticas digan o contrario”.

Na mesma liña manifestouse a capitá do Burela Pescados Rubén, Lidia Mesías que adicou o título de Copa Galicia “a toda a afección que se desprazou a Ferrol e aos que nos apoian cada xornada. Agora debemos continuar coa competición ligueira, está complicado pero a nosa obrigación é competir cada partido”.

Selección Española. Tralo duelo ante o Pescamar Poio, Lidia Mesías incorpórase á concentración da Selección Española. O combinado nacional disputa en Moscú o V Torneo Internacional de Fútbol Sala do 4 ao 10 de maio. Por motivos académicos, Peque non acudirá a esta convocatoria.

Jozi. A porteira brasileira que xa non puido disputar a final de Copa Galicia é baixa para o duelo ante o Pescamar Poio, debido a unha microrotura no cuádriceps da súa perna esquerda.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.