05/05/2014

Play Off polo título, España Sub21 e Copa de España 2014

Burela e Fútbol Sala, unha relación que continúa xerando eventos deportivos de máximo nivel. Na recta final da tempada, o Burela Pescados Rubén encara diversos frontes para ofrecer unha carta de categoría aos afeccionados ao Fútbol Sala; Pl
Play Off polo título, España Sub21 e Copa de España 2014
Play Off polo título. O Burela Pescados Rubén xoga o seu primeiro Play Off polo título de Liga o sábado día 10 de maio, ás 13.00 horas, en Vista Alegre coas cámaras de Energy TV como testemuña. O rival; un grande do fútbol sala, ElPozo Murcia. A partir do martes día 6, poderanse adquirir as entradas na oficina do club; Avda. Arcadio Pardiñas 97, baixo.

Prezo entradas Play Off LNFS

Soci@adulto: 5 euros

Non soci@adulto: 15 euros

Soci@ menor de 18 anos: 3 euros

Non soci@ menor de 18 anos: 5 euros

Amigable Sub 21. As seleccións de España e Portugal disputarán un encontro amigable en Vista Alegre o luns día 12 de maio, ás 20.30 horas. A venda de entradas realizarase únicamente en taquilla.

Soci@adulto: 5 euros

Non soci@adulto: 8 euros

Soci@ menor de 18 anos: 2 euros

Non soci@ menor de 18 anos: 5 euros

Copa de España 2014. Burela acollerá de novo a Copa de España de fútbol sala feminino, o club burelés xa organizou a edición de 2011 e repite esta tempada co obxectivo de defender o título de campión conquistado en Bilbao en 2013. A Copa de España disputarase en Vista Alegre os días 7 e 8 de xuño. Os catro primeiros clasificados da Liga serán os protagonistas desta nova edición. Atlético de Madrid, Burela Pescados Rubén e Alcorcón FSF teñen a praza garantizada mentres que Roldán e Alacante dispútanse a cuarta posición.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.