09/05/2014

Xuntos podemos!!! A pola vitoria na Bomboneira

Vista Alegre vivirá a súa estrea no Play Off polo título de Liga o sábado 10 de maio. A partir das 13.00 horas, Burela Pescados Rubén e ElPozo Murcia comezarán o seu duelo de cuartos de final que se dirimen nunha serie ao mellor de tres par
Xuntos podemos!!! A pola vitoria na Bomboneira
Cuartos Play Off Título de Liga

Primeiro partido: Burela Pescados Rubén - ElPozo Murcia

Sábado 10 maio, 13.00 horas. Pabellón Vista Alegre. Directo Energy TV

Segundo partido: ElPozo Murcia - Burela Pescados Rubén

Venres 16 maio, 21.00 horas. Palacio dos Deportes

En caso de terceiro partido: O Pozo Murcia - Burela Pescados Rubén

Domingo 18 maio, 12.00 horas. Palacio dos Deportes

O primeiro envite contará coa presenza das cámaras de Energy TV que retransmitirán en directo un partido histórico para o Burela Pescados Rubén que afronta por primeira vez esta eliminatoria. Os pupilos de Juanlu Alonso están preparados para a ocasión e coa forza da afección esperan dar a sorpresa ante ElPozo Murcia que é o claro favorito neste duelo. Neste sentido expresouse o adestrador burelés “o rival é moi complicado pero a nosa ilusión é dar a sorpresa. traballamos moito para chegar a este momento especial e imos competir por pasar esta rolda. Non pensamos máis aló do partido en Vista Alegre, é a nosa final e imos ir a por todas ante ElPozo que está nun gran momento”.

Nesta festa de Fútbol Sala, a afección laranxa xogará un papel fundamental para converter Vista Alegre na “A bombonera” das grandes ocasións. Respecto diso, Juanlu amosouse convencido de que “a afección vai xogar tamén este partido. O seu apoio é moi importante para o equipo e ante ElPozo Murcia é evidente que pasaremos momentos de apuro, a súa forza pode darnos ese plus necesario pasa superar as adversidades”.

Na mesma liña que o técnico burelés amosouse o capitán, Juanma, que afronta este momento “con enorme ilusión e responsabilidade”. O “Mariskal” viviu en primeira persoa o crecemento da entidade “imos gozar dun Play Off polo título de Liga de Primeira División, é unha cita histórica para o club. Non fai moito tempo estabamos xogando Play Off para o ascenso a Primeira División e debemos ser conscientes quen somos e de onde vimos. A ilusión debe ser a nosa forza e con ese argumento ao noso favor imos competir ante un grande do Fútbol Sala como é ElPozo Murcia. O sábado xogamos nosa final, ante a nosa gran afección e queremos brindarlles unha gran alegría”.

CONVOCATORIAS

Burela Pescados Rubén: Edu, Brais, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Álex, Mimi, Hugo, Carlitos, Iago Míguez, Juanma.

ElPozo Murcia: Fede, Fernan, José Ruiz, Juampi, Jesús, Bebe, Fabio, Kike, Adri, Raúl Campos, Eka, Gréllo, Franklin.

Bajas: Álex, Miguelín, Rafa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.