16/05/2014

España gaña e convence en Galicia

O paso da selección española Sub 21 por Galicia amosou que o futuro de combinado nacional está asegurado cunha xeración de deportistas que prometen e, en moitos casos, xa son unha realidade. España, dirixida por Fede Vidal, gañou no dobre d
España gaña e convence en Galicia
Nun restaurante do Concello coruñés de Cerceda celebrouse a comida oficial de autoridades na que o Burela Pescados Rubén estivo representada por Rubén Blanco Fernández, directivo do club e fundador de Pescados Rubén que recibiu o recoñecemento unánime polo seu apoio fundamental ao Fútbol Sala a través do patrocinio do CD Burela FS Pescados Rubén por parte das autoridades presentes, entre outras; o Presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, D. Antonio Escribano, o máximo responsable das Seleccións Nacionais da RFEF, D. Laurentzi Gana; o responsable de Fútbol Sala da Federación de Portugal; D. Pedro Dias; o Presidente da Federación Galega de Fútbol; D. José Liñares que tamén exerceu como anfitrión en calidade de Alcalde de Cerceda, estando representado tamén o Concello de Burela por D. José María González Barcia, alcalde da localidade mariñá que acolleu o primeiro duelo hispano-luso.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.