23/05/2014

A Liga en xogo

O duelo pola Liga achégase ao final, Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid afrontan a penúltima xornada de Primeira División co alirón en xogo. As madrileñas dependen de si mesmas mentres que as mariñás esperan un tropezo das colchoner
A Liga en xogo
Aínda que as opcións laranxas son escasas, cinco puntos de desvantaxa respecto ao Atlético de Madrid a falta de dúas xornadas, máis o gol average particular, a escuadra dirixida por Quico Otero xogará coa “concentración e responsabilidade que tivemos ata o momento. A nosa obrigación é competir e sumar os tres puntos. Si o Atlético gaña ou empata proclamarase campión pero en caso de sorpresa debemos ter os deberes feitos e obrigarlles a chegar á última xornada para conquistar a Liga, aínda que somos conscientes que é unha combinación moi complicada”. Respecto ao duelo ante o Lacturale Gurpea, Quico Otero espera un partido “intenso porque o Orvina estase xogando a categoría, xogarán con moita intensidade e debemos saber ler as fases do encontro para gañar os tres puntos.”. Únicamente Jozi é baixa nas filas laranxas, a meta brasileira continúa recuperándose da súa rotura fibrilar.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.