31/05/2014

Medalla de ouro do Concello ao CD Burela FS Pescados Rubén

GONZÁLEZ BARCIA IMPORALLE A MEDALLA DE OURO DO CONCELLO AO CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN O VINDEIRO 6 XUÑO. O ACTO, QUE SERÁ SOBRIO, SINXELO E SOLEMNE, TERÁ LUGAR NA CASA DA CULTURA. O ALCALDE AGARDA QUE A AFECCIÓN ACUDA MASIVAMENTE A RENDERL
Medalla de ouro do Concello ao CD Burela FS Pescados Rubén
Burela, 30 de maio de 2014. O acto de imposición da medalla de ouro do Concello de Burela ao CD Burela Fútbol Sala Pescados Rubén terá lugar o vindeiro venres, 6 de xuño, a partires das 21 horas no auditorio da Casa da Cultura. O evento foi presentado esta tarde no Concello. En palabras do alcalde, José Mª González Barcia, será “un acto sobrio, sinxelo e solemne, no que haberá un condutor do mesmo, contaremos cunha actuación do grupo de cordas da Escola Municipal de Música de Burela e procederase á proxección dun vídeo sobre os logros do Burela FS Feminino. Tamén se dará lectura a acordo plenario de 30 de maio de 2013 e imporase a medalla de ouro do Concello burelés ao club na persoa do seu presidente que intervirá a continuación ao igual que eu mesmo”.

O rexedor explicou que “a demora na imposición da medalla debeuse a cuestións de tipo técnico e de carácter administrativo. Ademais buscamos unha data que lle permitise ao equipo estar presente, unha data que encaixe para que os/as afeccionados/as acudan masivamente a este acto e unha data que teña repercusión deportiva. E esa fin de semana, a do 6 de xuño dispútase en Burela a Copa de España de fútbol sala feminino, que organiza o Comité Nacional de Fútbol Sala da RFEF e coa que colaboran tanto o Burela FS Pescados Rubén coma o noso Concello”.

González Barcia enumerou os motivos polos que se lle concede ao Burela FS Pescados Rubén a medalla de ouro: “os motivos son de sobra coñecidos para todos. O Burela FS acadou na tempada 2012/13 o título de campión de liga de Primeira División do fútbol sala feminino e tamén a Copa de España, sendo xunto co Liceo de hockey da Coruña, o único equipo galego que consegue o doblete na mesma tempada. O Burela FS Pescados Rubén contribúe de forma determinante á promoción do deporte de base e tamén promociona o nome de Burela pola xeografía española adiante. Todos estes son motivos máis que suficientes para que o Concello lle conceda e lle entregue a súa medalla de ouro”.

O alcalde burelés agarda que “as rapazas do Burela FS repitan o éxito na Copa de España que van xogar a vindeira fin de semana”. E convida “a toda a afección a asistir ao acto que terá lugar o 6 de xuño na Casa da Cultura. Terá unha duración duns 35 minutos e será sobrio, sinxelo e solemne, como se merece a concesión da medalla de ouro do Concello ao Burela FSF”.

O Burela FS Pescados Rubén será o terceiro en recibir esta distinción, que tamén lles foi outorgada no seu día a Xosé Cuiña Crespo, coma conselleiro de Política Territorial da Xunta, e a Francisco Cacharro Pardo, coma presidente da Deputación de Lugo. Na presentación deste acto estiveron directivos do CD Burela FS e tamén representantes da firma patrocinadora, Pescados Rubén.

Fonte: Comunicación Concello de Burela

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.