05/06/2014

Apúntate, non o dubides!!! Probas de captación de xogadoras para categorías de base

O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén abre o prazo de captación para todas aquelas xogadoras que desexen formar parte das súas categorías de base de cara á tempada 2014-2015. Ata o luns 16 de xuño, todas aquelas interesadas pod
Apúntate, non o dubides!!! Probas de captación de xogadoras para categorías de base
As sesións consistirán en integrar ás xogadoras nos adestramentos coa participación de xogadoras do equipo senior de Primeira División Feminina para coñecer o funcionamento das sesións e a metodoloxía de traballo do club. Así, todas aquelas xogadoras nadas entre os anos 2001 e 1996 poderán probar co CD Burela Pescados Rubén durante as tres próximas semanas.

NOTAS IMPORTANTES

- O periodo de probas para as xogadoras inscritas comezará a seguinte semana de realizar a súa inscripción, para unha mellor planificación.

-En caso de superar as seis xogadoras en probas por ano de nacemento, crearase unha sesión específica con todas elas.

- As xogadoras que faigan as probas, realizarán un máximo de 2 adestramentos por semana.

- As horas dos adestramentos serán fixadas unha vez se peche o prazo de inscrición.

- As interesadas en realizar as probas, poden tramitar a súa incripción en:

- Teléfono: 982 58 18 15

- Enviando un e-mail a burelafs@burelafs.org, onde deberán especificar os datos persoais da xogadora (nome, apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono de contacto)

- Oficina do Club situada na Avenida Arcadio Pardiñas, 91, Baixo.

¡APÚNTATE, NON O DUBIDES!

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.