13/06/2014

Apúntate!! Non te perdas o Campus do Burela Pescados Rubén

A oitava edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela Pescados Rubén foi presentada hoxe, venres 13, no Salón de plenos do Concello de Burela. Na posta en escena do evento estiveron presentes; o tenente alcalde do Concel
Apúntate!! Non te perdas o Campus do Burela Pescados Rubén

O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén reunirá a técnicos e xogadores de primeiro nivel na vila mariñá durante os días xoves 10, venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xullo. A apertura para inscribirse comeza o luns 16 de xuño e a data límite será o martes 8 de xullo. A actividade que organiza o CD Burela FS Pescados Rubén terá un número limitado de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas que desexen aprender os segredos deste deporte, baixo o control de monitores/as e auténticos profesionais do fútbol sala.

 

DATAS
HORA de chegada XOVES Día 10 ás 16:00 horas da tarde, ao IES Monte Castelo de Burela.   

FINALIZACIÓN DO CAMPUS. Domingo13

IDADES. De 6 a 16 anos

PRAZAS Limitadas a un total de 60 alumnos/as (internos e en réxime externo)

CONTACTO. No teléfono 982 581 815, de 10 a 14 horas e de 16:00 a 19.00 horas en dias laborais, por mail; burelafs@burelafs.org  o na seguinte dirección:

CD Burela FS
Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91. Baixo
27880 Burela (Lugo)
www.burelafs.org

 

Para a correcta inscripción do neno ou nena será necesario cumprimentar, e facer chegar ás oficinas do club, a seguinte información: Formulario de inscrición (ver documento adxunto).

Logo de completar a información anterior, esixirase un ingreso no número de conta que aparece no formulario de inscrición (ou no seu defecto, o pago en efectivo nas oficinas do CD Burela FS) para que a reserva sexa efectiva.

IMPORTANTE: De optar polo ingreso ou transferencia bancaria, é necesario especificar o nome do neno ou nena no ingreso ou transferencia.

Para rematar, enviarase o formulario de inscrición, acompañado da AUTORIZACIÓN PATERNA/MATERNA (ver documento adxunto) e a FOTOCOPIA da TARXETA SANITARIA do neno/a ao número de fax: 982 575 147. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.