27/06/2014

José Luis Sáez e Juanlu Alonso ponentes no Clínic organizado polo Comité Técnico de Adestradores e a Federación Catalá de Fútbol

A edición do Clínic de Adestradores de Fútbol Sala presentou un novo enfoque con ponentes que aportaron moitas mensaxes aos presentes, aportando novas claves na súa tarefa de adestradores formadores. O Comité Técnico de Adestradores de Fútb
José Luis Sáez e Juanlu Alonso ponentes no Clínic organizado polo Comité Técnico de Adestradores e a Federación Catalá de Fútbol
Nesta nova edición contouse coa participación de catro ponentes que aportaron, desde vertentes moi diversas, formación teórica e práctica vinculada ao fútbol sala.

- PEP MARIÑO, xefe do departamento de Psicología do CAR de Sant Cugat

- MIGUEL ANDRÉS MORENO, ex adestrador do Dina de Moscú

- JOSÉ LUIS SÁEZ CASTRO, vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén

e mestre na Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol.

- JUAN LUIS ALONSO DORAL, adestrador do CD Burela FS Pescados Rubén

O Clínic de Adestradores de Fútbol Sala, que contou coa participación de máis de 80 persoas, comezou coas tres relatorios teóricos durante toda a mañá. Primeramente, foi o xefe do departamento de Psicología do CAR de Sant Cugat, o Sr. Pep Marí, o encargado de falar sobre 'Aprender a ensinar diferente'. Un relatorio que deu moitas claves psicolóxicas aos adestradores presentes para aplicar no seu día a día. Ás 11 horas, cambiáronse os roles para dar paso ao ex adestrador do Dina de Moscú, o Sr. Miguel Andrés Moreno, que a través do seu relatorio 'Diferencias entre o Fútbol Sala en España e en Rusia', expuxo a súa vivencia persoal en terras rusas como técnico e as dificultades que ha conllevado.

O último relatorio teórico deste Clínic de Adestradores foi a cargo do Sr. José Luís Sáez Castro, vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, que se encargou de expoñer a 'Dirección Deportiva no Fútbol Sala moderno'.

A segunda parte do Clínic de Adestradores iniciouna, no pavillón da Escola Catalá do Deporte, o Sr. Miguel Andrés Moreno, cun relatorio práctico enfocado á estrutura metodológica progresiva no ensino. ‘ Defensa individual con cambios’.

O adestrador do Burela FS Pescados Rubén, o Sr. Juan Luis Alonso Doral, foi o encargado de pechar esta xornada do Clínic de Adestradores de Fútbol Sala cun relatorio práctico sobre a 'Metodoloxía de adestramento para o desenvolvemento do sistema de xogo de ataque 3.1'.

Fonte: Federación Catalana de Fútbol - www.fcf.cat

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.