03/07/2014

Fin de curso da base laranxa co Torneo Fundación Imdecum 2014 Memorial Rodrigo Maseda Lozano

As categorías de base do Burela Pescados Rubén finalizan hoxe os adestramentos da tempada 2013/2014. Os equipos da base laranxa afrontan a súa última cita da tempada este fin de semana; 4, 5 e 6 de xullo, co Torneo Fundación Imdecum 2014 “M
Fin de curso da base laranxa co Torneo Fundación Imdecum 2014 Memorial Rodrigo Maseda Lozano
Copa Galega. A cita copeira foi o último encontro oficial da base burelesa na que o equipo cadete do Burela Pescados Rubén tivo que conformarse co subcampeonato da Copa Galega logo de perder por 3-0 ante o Verín FS. A gran final disputouse o sábado día 28 de xuño no Municipal de Lugo e ambos conxunto ofreceron un partido intenso e igualado ao espectadores. O conxunto laranxa rindeu a bo nivel ante un rival que demostrou o seu potencial e que se proclamou campión gracias a súa maior pegada. Os ourensáns souberon aproveitar os seus momentos para alzarse co título ante un conxunto burelés que adoleceu de eficacia rematadora.

Burela FS: Aaron, Chiky, Mamadou, Kaká, Aitor –cinco inicial- David, Vilariño, Mini, Pitero, Luismi.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.