04/07/2014

O Burela Pescados Rubén reforza o seu ataque con Chano

O Burela Pescados Rubén reforza o seu ataque con Chano
O Burela Pescados Rubén reforza o seu arsenal ofensivo coa fichaxe de Sebastián Vargas Otero “Chano” que chega ao conxunto mariñao procedente do Azkar Lugo FS. O club burelés e o xogador gaditano, natural de Jerez de la Frontera, asinaron un acordo para a tempada 2014/2015. Aos seus 26 anos, Chano chega ao Burela Peixes Rubén tras completar unha gran tempada no conxunto transportista no que se erixiu en referencia ofensiva, sendo o máximo realizador con 16 goles.

Chano mostrouse moi contento de pasar a forma parte do proxecto do Burela Pescados Rubén “é unha gran oportunidade na miña carreira deportiva. O proxecto do Burela Pescados Rubén convénceme en todos os aspectos. No deportivo é un salto de calidade na miña carreira poder xogar nun club con aspiracións máis altas que a permanencia, é un reto persoal para seguir progresando. A presenza de Juanlu tamén foi un factor fundamental na miña decisión así como a paixón de Burela polo Fútbol Sala. A afección laranxa é un exemplo e é fantástico para un xogador sentir o apoio dunha afección á que lle encanta este deporte”

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.