07/07/2014

Jorge Bellvert nova fichaxe do Burela Pescados Rubén

O Burela Pescados Rubén ficha a Jorge Bellvert Mérida, peche extremeño que chega ao conxunto da Mariña procedente do Xaén Paraíso Interior. O xogador cacereño firma por unha tempada coa entidade burelesa que reforza a súa parcela defensiva
Jorge Bellvert nova fichaxe do Burela Pescados Rubén
O xogador extremeño non dubidou en aceptar a oferta laranxa xa que “aínda que tiña outras posibilidades tanto nacionais como do estranxeiro, cando me chegou a opción de fichar polo Burela Pescados Rubén non tiven ningunha dúbida. Estou encantado de regresar a Galicia e moi ilusionado por incorporarme ao Burela Pescados Rubén”. Para Jorge Bellvert o club burelés é un proxecto fiable “cunha estrutura de club e un proxecto deportivo que se está consolidando na máxima categoría, cun técnico como é Juanlu Alonso cuxa presenza foi moi importante na miña decisión e cunha gran afección”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.