07/07/2014

A canteira laranxa pechou a tempada co Memorial Rodrigo Maseda Lozano

A canteira laranxa despediu a tempada co Torneo de Base Fundación Imdecum Memorial Rodrigo Maseda Lozano 2014 que se disputou o pasado fin de semana. O evento congregou ao redor de 400 deportistas que homenaxearon co seu espírito deportivo
A canteira laranxa pechou a tempada co Memorial Rodrigo Maseda Lozano
A representación do Burela Pescados Rubén estaba formada por un equipo benxamín, un alevín, tres infantís, dous cadetes e tamén dous en categoría xuvenil. Nesta última categoría, o Burela Pescados Rubén A proclamouse campión tras derrotar (3-1) na gran final ao UD Rozas Boadilla. Os benxamíns disputaron a final ante o ACD Xove que derrotou aos laranxas por 6-1. Máis aló dos resultados conseguidos a base laranxa gozou dun intenso fin de semana deportivo-social no que compartiron numerosas experiencias para o recordo.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.