10/07/2014

O Burela Pescados Rubén comeza a Liga ante os campións

Os calendarios de Primeira e Segunda División para a tempada 2014/2015 quedaron configurados trala celebración da Asemblea Xeral de Clubs. O novo balón Kelme Star 15 comezará a rodar coa Supercopa de España na primeira semana de setembro e
O Burela Pescados Rubén comeza a Liga ante os campións

O sorteo dos calendarios levouse a cabo durante a celebración da Asemblea Extraordinaria na Cidade do Fútbol de Las Rozas, estableceu unha primeira xornada ligueira con encontros espectaculares. O vixente campión de Liga, Inter Movistar, defenderá o seu título na pista do Burela Pescados Rubén e o FC Barcelona desprazarase á cancha do recentemente ascendido Levante UD MD.



 



PRIMEIRA DIVISIÓN



XORNADA 1.  13/09/2014



Burela Pescados Rubén – Inter Movistar
Magna Navarra – Santiago Futsal
Levante UD MD – FC Barcelona
Palma FS – Aspi Vidal Ribera de Navarra
Umacón Zaragoza – Jaén Paraíso Interior
ElPozo Murcia – Uruguay Tenerife
Marfil Santa Coloma – Azkar Lugo
Peñíscola – Montesinos Jumilla



XORNADA 2.  20/09/2014



FC Barcelona – Burela Pescados Rubén
Inter Movistar – Peñíscola
Montesinos Jumilla – AE Palma FS
Aspi Vidal Ribera Navarra- Magna Navarra
Santiago Futsal – Umacón Zaragoza
Jaén Paraíso Interior - - ElPozo Murcia FS
CFS Uruguay Tenerife – Marfil Santa Coloma
Azkar Lugo FS – Levante UD MD



 



Descárgate aquí o calendario oficial de Primeira División 2014/2015



A Supercopa de España abrirá a tempada 2014/2015. A Supercopa de España será a competición encargada de dar o pistoletazo de saída á nova tempada. O Inter Movistar, campión de Liga, e ElPozo Murcia, subcampión de Copa, loitarán por levantar o primeiro trofeo da campaña nun duelo a ida e volta, que se disputará a primeira semana de setembro.



Fonte: Liga Nacional de Futbol Sala 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.