31/07/2014

Edu defenderá por sétima tempada a camiseta laranxa

O Burela Pescados Rubén e Eduardo Saavedra renovan o seu compromiso por unha tempada máis. O meta galego, natural de Narón, chegou ao conxunto da Mariña na tempada 2007/2008 procedente do Celta de Vigo e durante catro tempadas deleitou e co
Edu defenderá por sétima tempada a camiseta laranxa
O presidente do club, Manuel Blanco, o directivo Rubén Blanco, e Eduardo Saavedra formalizaron a renovación na sé da entidade. O cancerbeiro ferrolán cumprirá a súa sétima tempada no CD Burela FS Pescados Rubén sendo un alicerce fundamental no crecemento deportivo do conxunto mariñao. O presidente da entidade laranxa manifestou que “estamos encantados de que Edu continúe no Burela FS Pescados Rubén xa que é un xogador comprometido e que aporta moito ao equipo, é un referente do club”.

Pola súa banda, o gardameta laranxa declarou que “estou moi contento po continuar unha tempada máis no meu equipo. Esta é a miña casa e é un orgullo defender a camiseta do Burela Pescados Rubén”. En referencia á competición indicou que será unha tempada “intensa e de máxima igualdade. Exceptuando aos grandes; Inter, ElPozo e Barça os demais equipos estamos moi parellos e cada detalle pode decantar un partido aínda que tamén situaría ao Marfil Santa Coloma un chanzo por encima do resto. Esperamos ilusionar á nosa afección e co seu apoio lograr os obxectivos. A nosa ilusión é competir por conquistar os postos de acceso á Copa e repetir PlayOff. Nesta competición ninguén regala nada, estamos na élite do Fútbol Sala unha tempada máis e con humildade, compromiso e traballo imos a competir para dar alegrías á nosa xente”.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.