06/08/2014

Presentación oficial de Chano, reforzo ofensivo do Burela Pescados Rubén

Presentación oficial de Chano, reforzo ofensivo do Burela Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén presentou oficialmente a Sebastián Vargas Otero “Chano” como xogador laranxa na oficina do club. O pivot andaluz pousou coa camiseta laranxa arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez. O xogador gaditano chega ao conxunto da Mariña procedente do Azkar Lugo onde realizou unha gran tempada sendo a súa referencia atacante, caudal ofensivo que reforzará á escuadra burelesa durante esta tempada. O presidente encomiou a incorporación de Chano xa que “é un xogador con experiencia contrastada na categoría e reforzará a nosa faceta ofensiva. Esperamos que Chano se adapte perfectamente á dinámica do equipo e que consiga mostrar o seu potencial que é alto e de calidade”.

Pola súa banda, Chano considera que a súa fichaxe polo Burela Pescados Rubén é “un paso adiante na miña carreira deportiva e veño con moitas gañaas de continuar aprendendo e progresando, a presenza de Juanlu como adestrador foi un factor importante na miña decisión. É unha gran motivación para a miña competir por algo máis que a permanencia, esperamos realizar unha gran tempada e ilusionar á afección. Respecto da competición incidiu en que “a igualdade é máxima, é evidente que os tres grandes teñen un nivel superior pero os demais estamos cun potencial moi parello e cada detalle pode decantar un partido”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.