02/09/2014

Dispoñibles os carnets de soci@ da tempada 2014/2015

Os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poden recoller o seu carnet da tempada 2014/2015, con idéntica tarifa que a tempada anterior, desde o martes día 2 de setembro na oficina da entidade, situada na Avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo.
Dispoñibles os carnets de soci@ da tempada 2014/2015
Os carnets da nova tempada contan co patrocinio da empresa mariñá de servizos informáticos e solucións tecnolóxicas LINDIN.TIC. Antonio Ledo Leiras, responsable de LINDIN.TIC presentou os carnets da tempada 2014/2015 acompañado polo presidente do club, Manuel Blanco. LINDIN.TIC, proporciona solucións e asesoramiento tecnolóxico a todos os niveis; desde particulares a empresas e institucións públicas, mediante un traballo integral que abarca desde os procesos iniciais de estudo e deseño do caso, comercialización e soporte informático postventa. Ademais LINDIN INFORMÁTICA presta servizos profesionais de consultoría de negocio, externalización e integración de sistemas.

Tarifas de socios/as da tempada 2014/2015

Socio/a individual: 90 euros

Socio/a familiar: 150 euros

Socio/a xubilado: 60 euros

Socio/a estudante: 40 euros

Socio/a xuvenil: 30 euros

Socio/a infantil: 10 euros

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.