12/09/2014

Duelo estelar entre Atlético de Madrid e Burela Pescados Rubén para iniciar a Liga

O Burela Pescados Rubén inicia a liga reeditando un duelo ante o Atlético de Madrid que se converteu no clásico da Primeira División. A primeira xornada da competición deparou este choque de trens entre o actual campión e o conxunto mariñan
Duelo estelar entre Atlético de Madrid e Burela Pescados Rubén para iniciar a Liga
O Burela Pescados Rubén acode a este desafío mermado polas baixas de Jozi, Patri e Peque aínda que contará coa incorporación de Sandra Rodríguez, porteira de 16 anos que chega ás filas laranxas procedente do CD Adarve de Lugo. Respecto diso, o adestrador burelés indicou que “somos conscientes das importantes baixas que temos pero imos coa ilusión de competir para gañar os tres puntos e empezar cunha alegría a competición. Estes partidos son sempre moi bonitos e emocionantes para xogar. Sandra respondeu moi ben nos adestramentos e ten un gran capacidade de asimilación, confiamos plenamente en ela”. Do actual campión de Liga dixo que “malia a importante baixa de Anita Luján é un gran equipo que soubo cubrir a súa marcha coas incorporaciones de Ariane e Marta”. Quico Otero sinalou como unha das claves do partido “a concentración e a boa lectura do encontro. Son duelos moi axustados e os detalles decantan o devir do mesmo. É vital non cometer erros xa que o Atlético sempre está á espreita para sacarlles rendemento”.

Convocatoria

Burela Pescados Rubén: 3. Cristina, 5. Claudia, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã, 28. Sandra

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.