17/09/2014
Miguel, Jorge Bellvert e Juanma visitaron o IES Monte Castelo
O IES Monte Castelo de Burela recibiu, durante a mañá do mércores día 17, a visita de Juanma, Miguel e Jorge Bellvert, secretario técnico e xogadores do Burela Pescados Rubén, respectivamente. Os deportistas laranxas ofreceron unha charla aos alumnos de 3º E.S.O. sobre “Deporte, saúde e hábitos saudables” na que o alumnado puido coñecer de primeira man a opinión dos xogadores sobre a relación directa entre a práctica deportiva e a saúde. A importancia de adquirir hábitos saudables e rutinas de adestramento que con constancia e sacrificio terminan converténdose nunha filosofía de vida que ten especial incidencia na saúde e benestar das persoas. É por iso que, ademais de relatar a súa propia experiencia, os xogadores recomendaron e fomentaron a práctica deportiva aos novos asistentes como forma de vida saudable.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas