19/09/2014

Desafío no feudo do campión de Europa

O Burela Pescados Rubén afronta un novo desafío na segunda xornada da Primeira División. O conxunto mariñao mídese ao actual campión de Europa, o todopoderoso FC Barcelona que se reforzou a conciencia; Batería, Rafa Usín e Ferrao, para recu
Desafío no feudo do campión de Europa
O adestrador burelés afronta este partido “con moita ilusión e con gañas de dar guerra. É evidente que non é nosa liga pero competiremos co obxectivo de puntuar no feudo blaugrana” comentou Juanlu Alonso que considera clave para logralo “correr moito e con sentido. Estamos falando do mellor persoal da competición, defensivamente xa eran os mellores do mundo e reforzáronse moi ben na parcela ofensiva. Está claro que si teñen un bo día é case imposible sorprendelos pero a nosa idea é obrigarlles a esforzarse ao máximo para gañarnos. Temos que lograr sorprenderlos en contragolpes e á súa vez que eles non teñan espazos para desenvolver a súa velocidade. A partir de aí, poderiamos ter opcións”.

Pola súa banda o técnico blaugrana, Marc Carmona, encomiou ao conxunto burelés "É un bo equipo, gústame moito o adestrador, os seus equipos sempre teñen moi claro o que fan, boa defensa, bos fundamentos de ataque, é un equipo ordenado". Saad está de acordo co seu técnico: "Debemos ter paciencia coa pelota, aproveitar as oportunidades ante portería para marcar goles porque sabemos que será un partido difícil, xa que, como dixo Marc, teñen unha defensa ben organizada e debemos tener paciencia".

Convocatoria

Burela Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 13. Álex, 14. Miguel, 27. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder. 29. Ángel

Bajas: Chano

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.