19/09/2014

Vista Alegre estrease na Liga coa visita do Universidade de Alacante

O Burela Pescados Rubén estréase en Vista Alegre coa visita do Universidade de Alacante, partido correspondente á segunda xornada da Primeira División. O duelo dispútase o sábado día 20, a partir das 18.30 horas. Ambas escuadras afrontan es
Vista Alegre estrease na Liga coa visita do Universidade de Alacante
O adestrador burelés cualificou o choque como “importante, igual que cada xornada, é evidente que unha vitoria daríanos maior tranquilidade e confianza para que a adaptación do grupo sexa máis rápida”. Sobre o Universidade de Alacante indicou que “mellorou o seu persoal respecto da tempada anterior e é un candidato para competir pola Liga. Tamén cambiaron de técnico polo que algún aspecto do seu xogo tamén será diferente. É unha escuadra completa que manexa e trata ben o balón e tamé é capaz de xogar ao contragolpe”. O choque será de alta voltaxe e o conxunto que “cometa menos erros sairá victorioso. A nosa actitude debe ser positiva en todo momento, debemos corrixir erros que cometemos en Navalcarnero e actuar como colectivo en cada momento e interpretar ben os tempos do xogo” concluiu Quico Otero, adestrador laranxa que para este encontro poderá contar con todo o plantel agás a porteira Patri. Peque e Jozi recibiron no día de hoxe a alta médica e poderán estar a disposición do técnico para este encontro aínda que que é máis factible a participación de Peque que de Jozi, a meta brasileña chega moi xusta para este envite.

Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã, 28. Sandra

Baixas: 13.Patri

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.