20/09/2014

Xusta vitoria do Burela Pescados Rubén por 4-1 ante o Universidade de Alicante

Xusta vitoria do Burela Pescados Rubén por 4-1 ante o Universidade de Alicante
Merecida vitoria do Burela Pescados Rubén ante o Universidade de Alacante por 4-1 no estreo ligueiro en Vista Alegre. A escuadra burelesa comezou o choque algo despistada e as visitantes aproveitaron a circunstancia para sorprender. Lara Terrés marcou o 0-1, nunha boa combinación que acabou nas mallas laranxas tras un potente disparo ao bordo do área. Nestes compases iniciais o Universidade sentíase máis cómodo na pista pero a entrada de Peque cambiou o rumbo do encontro. Aos poucos, o Burela Pescados Rubén foise apropiando do partido aínda que as visitantes soltaron algún zarpazo perigoso tamén. A súa mellor ocasión chegou a través dun dobrepenalti que Jozi detivo a Pao. Acto seguido, chegou o tanto do empate por mediación de Peque que a punto estivo de marcar o segundo ao filo do descanso (1-1). Na segunda parte, o escenario inicial variou considerablemente e as laranxas saíron a por a vitoria sen dúbidas. A brasileira Tainã logrou o 2-1 cun potente disparo raso e co marcador en contra as visitantes tiñan que variar o seu plan inicial. O Burela Pescados Rubén aproveitou o seu mellor momento no partido e Claudia aumentou a renda (3-1) ao aproveitar un rexeite propiciado por un disparo de Lara. A presión alicantina comezou a subir pero as burelesas non pasaron excesivos apuros nin coa opción de porteira xogadora a catro e medio para o final. No último minuto Peque certificou a remontada marcando a porta baleira e selando o definitivo 4-1. Ficha técnica Burela Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Shiori, Maite, Gaby –cinco inicial- Peque, Claudia, Lara, Kiko, Tainã, Sandra. Universidad de Alicante: Jenny, Lara, Txitxo, Sara, Amelia –cinco inicial- Andrea, Paula Morote, Andrea Castelló, Pao. Goles: 0-1,m.4, Lara; 1-1, m.17, Peque; 2-1, m.23, Tainã; 3-1, m.31, Claudia; 4-1, m.39, Peque. Árbitros: Vázquez Castellanos, Crestelo Blanco. Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada da Primeira División (RFEF) disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 600 espectadores. Antes do inicio do encontro Peque recibiu unha homenaxe polo trofeo Pichichi da tempada 13/14

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.