26/09/2014

Derbi galego en Vista Alegre coa visita do Cidade As Burgas

Primeiro derbi galego da tempada para o Burela Pescados Rubén que recibe ao Cidade As Burgas, en partido correspondente á terceira xornada da Primeira División. Vista Alegre será o escenario do derbi que se disputa o sábado 27 a partir das
Derbi galego en Vista Alegre coa visita do Cidade As Burgas
O Burela Pescados Rubén afronta o derbi en plena recuperación de efectivos e de sensacións. Na xornada anterior, Jozi e Peque regresaron á pista ante o Universidade de Alacante, encontro no que o conxunto de Quico Otero amosou a súa mellaría cunha merecida vitoria ante as alicantinas. Quico Otero declarou sobre o derbi que “será un partido complicado xa que o Cidade é un conxunto que compite moi ben e virá con confianza xa que ante o Atlético de Madrid demostraron que poden competir con garantías ante os grandes” e destacou das ourensás “a súa faceta defensiva e saídas ao contragolpe con xogadoras como Vanessa e Iria, debemos ter especial coidado coas perdas de balón xa que teñen calidade para armar rápidamente o contragolpe e velocidade para executalo”. Do seu equipo indicou que afronta o partido “coa confianza da vitoria ante o Alacante, foron tres puntos moi importantes que nos permitirán seguir crecendo. Ante o Cidade esperamos un partido de características similares aínda que as ourensás son máis directas no seu xogo. Non podemos realizar concesións nin deixarnos sorprender como sucedeu ante o Alacante, é importante ter a iniciativa no marcador”. O Cidade As Burgas chega ao feudo laranxa cunha escuadra que mantén a súa columna vertebral da tempada anterior formada por xogadoras con experiencia como Sonia, Figo, Peke, Vane… e novas promesas como Candela e María Romero. Ademais esta tempada lograron un reforzo de luxo coa incorporación de Lucía Nespereira, ex xogadora do Burela Pescados Rubén (2009-2013). A xogadora internacional sumará experiencia, calidade e carácter competitivo á escuadra dirixida por Manolo Codeso que xa puxo en serios aprietos ao campión, Atlético de Madrid, na pasada xornada. Copa Galicia. O conxunto burelés logrou a súa clasificación para a seguinte fase da Copa Galicia ao quedar primeiro do seu grupo tralo resultado entre Valdetires FSF (5) A Fervenza FSF (0) Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã, 28. Sandra. Baixas: 13.Patri

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.