26/09/2014

Derrota dun Burela mermado na pista do Levante

Derrota dun Burela mermado na pista do Levante
O Levante impúxose ao Burela Pescados Rubén por 5-3 nun duelo que tivo un mal inicio para os burelaos xa que ademais do temperán tanto granota a lesión de Miguel deixou mermada a rotación laranxa que tirou de canteira. Máis tarde tamén se lesionaría Edu. Malia todo a escuadra mariñá buscou as súas opcións no encontro e aínda que os locais lograron o 2-0 non se descompuxo o conxunto galego. Ángel logrou reducir distancias ao transformar un dobrepenalti e co 2-1 chegouse ao descanso. Na continuación o Burela Pescados Rubén empatou rápidamente o partido. Jorge Bellvert conseguiu o 2-2 nunha acción de estratexia pero instantes despois chegou o 3-2 logrado por Lolo Jarque, tras marcar unha falta directa que se coou entre a barreira laranxa. O 3-2 fixo dano a un Burela que neses momentos controlaba a un Levante nervioso polo empate. Tras un intercambio de ocasións, os locais tomaron distancias co gol de Márquez (4-2) e o choque púxose costa arriba para o Burela Pescados Rubén que encaixou o 5-2 nunha acción desafortunada. Iago Míguez marcou o definitivo 5-3 no último minuto.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.