27/09/2014

Un gran Cidade As Burgas lévase a vitoria de Vista Alegre

Derrota contundente do Burela Pescados Rubén ante o Cidade As Burgas que se levou os tres puntos de Vista Alegre tras impoñerse por 0-5 nun duelo no que as burelás nunca se atoparon a gusto. O choque comezou con ambos conxuntos tanteando ao
Un gran Cidade As Burgas lévase a vitoria de Vista Alegre
Co paso dos minutos as de Manolo Codeso comezaron a subir a súa presión e nunha gran acción colectiva deixaron a Vane nun man a man con Jozi. A ourensá definiu con precisión e adiantou ao Cidade (0-1). O gol asentou aínda máis ao Cidade que se mostrou coas ideas claras en todo momento e activou ao Burela Pescados Rubén que tirou de todo os seus recursos para empatar o partido. Gozou de varias aproximacións e disparos afastados para igualar a contenda o conxunto burelao aínda que ao descanso chegouse co 0-1. Ao pouco de iniciarse a segunda parte o Cidade As Burgas asestou dous golpes na liña de flotación laranxa. Primeiro Iria estableceu o 0-2, cazando un rexeite tras disparo de Lucía Nespereira, e acto seguido a meta Ana sorprendeu marcando desde a súa portería situando un 0-3 que o Burela Pescados Rubén non foi capaz de remontar. O Cidade mostrou seguridade no seu xogo ante un conxunto local que o intentou pero non tiña o seu mellor día. O 0-4 conseguido por Vane propiciou a aposta de cinco de Quico Otero, buscando cambiar a dinámica do partido a oito do final. As visitantes defenderon con rigor e aproveitaron para redondear a súa vitoria cun golazo de Iria (0-5). A xogadora ourensá deixou o seu selo de calidade cun espectacular golpeo case desde o seu propio córner, mentres o Burela realizaba o cambio entre Shiori e Jozi que regresaba á portería. Burela Pescados Rubén: Jozi, Gaby, Bea Mateos, Peque, Maite –cinco inicial- Shiori, Claudia, Lara, Tainã, Kiko. Cidade As Burgas: Ana, Peke, Iria, Lucía Nespereira, Vane –cinco inicial- Sonia, Candela, María Arias. Goles: 0-1, m.9, Vane; 0-2, m.21, Iria; 0-3, m.22, Ana; 0-4, m.32, Vane; 0-5, m.34, Iria. Árbitros: Menéndez Nistal, Coello Martínez. Colegio gallego. Tarjeta amarilla a Kiko y Bea Mateos del Burela. Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada da Primeira División RFEF. Pavillón Vista Alegre de Burela: 500 espectadores.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.