03/10/2014

O Burela Pescados Rubén visita a un Móstoles moi renovado

O Burela Pescados Rubén afronta a cuarta xornada da Primeira División con ganas de resarcirse da derrota sufrida en Vista Alegre e conseguir tres valiosos puntos na cancha do Móstoles FSF. O encontro entre madrileñas e galegas dispútase no
O Burela Pescados Rubén visita a un Móstoles moi renovado
Ambos conxuntos chegan a este duelo con tres puntos no seu casillero e con aspiracións de escalar na clasificación. O Burela Pescados Rubén espera un partido “de moita igualdade, o Móstoles renovouse e ten unha dinámica diferente á tempada anterior, tamén cambiou o seu corpo técnico. Mantén xogadoras con experiencia e de calidade como Patri Chamorro, Inma e María Otero que sumado ás novas incorporaciones recuperaron o seu espírito competitivo” declarou Quico Otero que espera que o seu equipo “reaccione neste partido trala derrota ante o Cidade. A semana foi positiva e o equipo está con moitas ganas de demostar que o do Cidade simplemente foi un mal partido. A actitude dos adestramentos foi moi positiva e debemos certificalo cun bo partido e funcionar como un equipo”.

Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã, 13.Patri

Móstoles: 1. María de Val, 3. Patri Chamorro, 6. Celia, 7. Maria Otero, 8. Inma, 9. Balle, 12. Trufa, 13. Marlasca, 15. Etayo, 16. Didi, 17. Arabel.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.