10/10/2014

Palma Futsal 6-3 Burela FS

Palma Futsal 6-3 Burela FS

O Burela FS Pescados Rubén non puido materializar a segunda vitoria da tempada esta tarde en Son Moix ante Palma Futsal (6-3). Aínda que os de Juanlu souberon repoñerse ante o 2-0 en contra dos minutos iniciais e reducir distancias antes do descanso, no segundo período perdoaron demasiado ante un acertado Barrón e os locais aproveitaron para ampliar a fenda.



Aínda que os mariñáns saíron buscando a presión foi o Palma o primeiro en inaugurar o electrónico e por partida dobre, con Taffy como estilite e Joselito, á contra, nos minutos 6 e 7. Non se amilanou o Burela FS, que o intentou con Iago Míguez só ante o meta balear sen éxito, pero si que puido recortar distancias Isi, minuto 9 (2-1). Os de Juanlu buscaron dar a volta ao marcador con moito perigo. Hélder e Matamoros intentaron sorprender a Barrón; o 10 laranxa aínda dispuxo dun par de balóns rozando o descanso ante os que de novo o meta local soubo reaccionar.



Saíron á carga os laranxas na segunda parte. A ocasión de Chicho, no minuto 22, non impacientou as hostes burelistas, que atacaron sobre a portería insular con Iago Míguez, Matamoros e Hélder, con grandes saídas de Carlos Barrón. A fortuna que lles faltou aos de Juanlu enseguida a atoparon os de Juanito para anotar o 4-1, cun contraataque finalizado por Vadillo (minuto 27) e lanzamento de Burrito (minuto 29). Tras o gol do malagueño, Juanlu apostou por xogo de cinco no 30 con Antoñito como baluarte. Tras unha nova tentativa de Mata sobre Barrón, chegou o tan merecido tanto dos laranxas, nas zapatillas de Jorge Bellvert (minuto 35). Con 4-2, a finalización do 10 burelista non atopou a rede local e de novo aproveitou a oportunidade o Palma, á contra, batendo a Antoñito (5-2, minuto 36). A dous minutos para o final, Barrón volveu desbaratar as pretensións mariñás, sacando un balón da liña de meta. Vadillo subiu o 6-2 no último minuto sen meta nas filas galegas. Xa sen porteiro-xogador, Jorge Bellvert anotou o 6-3 final a escasos segundos para o final sen tempo para máis.



Ficha técnica



Palma Futsal: Carlos Barrón, Vadillo, Chicho, Burrito e Taffy, no cinco inicial; tamén xogaron Tomaz, Lemine, Joselito, Paradynski, Pope



Burela FS Pescados Rubén: Edu, Jorge Bellvert, Iago Míguez, Isi e Matamoros, no cinco inicial; tamén xogaron Miguel, Antoñito, Chano, Hélder, Ángel



Goles: 1-0, minuto 6, Taffy; 2-0, minuto 7, Joselito; 2-1, minuto 9, Isi; 3-1, minuto 27, Vadillo; 4-1, minuto 29, Burrito; 4-2, minuto 35, Jorge Bellvert; 5-2, minuto 36, Taffy; 6-2, minuto 39, Vadillo; 6-3, minuto 40, Jorge Bellvert



Tarxetas: Por Burela amarela a Edu, Isi e Miguel.



Árbitros: Bernabeu Aro // Sánchez Ayala

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.