14/10/2014

Copa do Rei. Duelo na pista do Mosteiro Bembrive

O Burela FS Pescados Rubén disputa a segunda eliminatoria da Copa do Rei hoxe martes, 14 de outubro, na pista do vigués CD Mosteiro Bembrive FS, de Segunda B, en partido único previsto para as 21.00 horas. O primeiro rival dos laranxas, qu
Copa do Rei. Duelo na pista do Mosteiro Bembrive
O pasado fin de semana o conxunto pontevedrés acadou o triunfo na súa estrea ligueira logo de vencer no feudo do Leis Pontevedra por 3-5. O Burela Pescados Rubén afronta esta eliminatoria coma favorito ante un conxunto de categoría inferior e no que “temos moito que perder e pouco que gañar” indicou Juanlu Alonso que engadiu que” a pesar diso, imos ter a cabeza fría, a nosa competición é a Liga. Nesta competición tamén queremos gañar pero non imos correr riscos innecesarios. Miguel, por precaución, e Isi, con sobrecarga muscular, son estarán na convocatoria do encontro que está formada por: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 19. Erik, 27. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato 30. Hélder. 29. Ángel.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.