25/10/2014

Outros tres puntos para a escalada laranxa

Outros tres puntos para a escalada laranxa

O Burela FS Pescados Rubén sumou hoxe a súa cuarta vitoria consecutiva coa visita do FSF Rioja (6-2), que acudiu a Vista Alegre baixo mínimo en efectivos.



As pupilas de Quico Otero plantáronse no seu feudo sen deixar nin un respiro. Adiantaron xa, cumpríndose o minuto 1.30 de xoego, con asistencia de Bea Mateos desde a banda que Gaby enganchou para estrelar o esférico contra a rede. En contraataque, as rioxanas aproveitaron unha das escasas chegadas á portería de Jozi (minuto 3), que conseguiron resolver entre a brasileira e Shiori. O incesante perigo local tivo a súa recompensa por partida dobre no minuto 5, con dianas de Peque, desde lonxe, e Maite, a pase de Claudia desde a esquina. Aínda puido marcar máis as distancias Claudia un minuto despois na área, sen fortuna no remate desde balón parado. Acto seguido, atoparon as visitantes o seu obxectivo en contraataque, cun balón de Carmen (3-1, minuto 7) que superou a Jozi. Rozando o ecuador da primeira parte, Taina subiu o 4-1 dun potente disparo exterior. A eficacia rioxana volveu facer pleno, con Carmen (4-2, minuto 13) esperando ao segundo pau tras falta local ao bordo da área. O tempo de descanso chegaba con 5-2, tras finalizar Bea Mateos unha preciosa xogada de Shiori que Peque cedeu de tacón a 20 segundos para a bucina. Antes, no 18, Bea Mateos e Peque tamén dispuxeron de magníficas ocasións.



A segunda parte comezou sen cambios, con monólogo laranxa en ataque e perigo, aínda que co paso dos minutos as filas locais reduciron unha marcha en intensidade e iso deulles opción ás rioxanas para achegarse máis á portería de Jozi, cunha grande oportunidad de Natalia no minuto 24 entre o máis destacado. Porén, tanto insistiu o Burela FS que no 30 volveu perforar a meta rival, con selo de calidade de Maite, asistida por Shiori. A 17 laranxa aínda dispuxo doturo balón de ouro tan só dous minutos despois nun rexeitamento, sen éxito para anotar. Responderon as visitantes con galopada de Carmen, a goleadora rioxana, que rabuñou Jozi da liña de meta. Na recta final, Gaby tamén conseguiu manter o marcador co 6-2 definitivo salvando da liña de gol un disparo de Jess que superou á meta mariñá.



Ficha técnica



Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos, Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Maite, Kiko, Paula, Cris



FSF Rioja: Eva Gutiérrez, Carmen, Jess, Eva, Lara (quinteto inicial). Tamén jugaron Natalia, Silvia



Goles: 1-0, minuto 2, Gaby; 2-0, minuto 5, Peque; 3-0, minuto 5, Maite; 3-1, minuto 7, Carmen; 4-1, minuto 10, Taina; 4-2, Carmen; 5-2, minuto 20, Bea Mateos; 6-2, minuto 30, Maite



Tarxetas: Por FSF Rioja, amarela a Eva (minuto 9)



Árbitros: Dos Santos, Carlos Alberto // González Suárez, José Paulino (Asturias)



Incidencias: Partido correspondente á sétima xornada de Primeira División RFEF. 300 espectadores

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.