12/12/2014

O Burela Pescados Rubén mídese ao Aspil Vidal Ribera coa Copa en xogo

O Burela Pescados Rubén encara a penúltima xornada da primeira volta coa ilusión da Copa de España no horizonte. Vista Alegre despide o 2014 cun duelo de aires copeiros ante o Aspil Vidal Ribera Navarra que chega a terras mariñás co mesmo o
O Burela Pescados Rubén mídese ao Aspil Vidal Ribera coa Copa en xogo
A ilusión pola Copa de España confire a este partido un carácter especial e Vista Alegre debe ser un xogador máis animando a un Burela Pescados Rubén que malia as ausencias e as dúas últimas derrotas mantén intactas as súas esperanzas de clasificación copeira. O factor ambiental pode ser “un factor determinante” indicou Juanlu Alonso xa que “vai ser un partido moi igualado ante un rival que realiza un presión a toda pista de forma exemplar. Desexamos que a grada se implique ao máximo xa que seguro que teremos momentos complicados durante o partido e o seu alento fortalece a moral dos xogadores. Non é unha obrigación, pero si unha ilusión tremenda para toda a entidade estar presentes en Ciudad Real”. Respecto da particular presión zonal dos navarros apuntou que “traballamos durante a semana a forma de poder neutralizar esa presión que tanto complicou a todos os equipos, tamén aos grandes, pero a mellor noticia é que recuperamos a Isi para este partido e teremos unha rotación un pouco máis ampla. Si logramos manter a nosa dinámica de xogo e melloramos na definición teremos opcións de vitoria. Non podemos desperdiciar tantas ocasións como fixemos nos últimos partidos”.

Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30 Hélder.

Convocatoria Aspil Vidal Ribera Navarra FS: 15. Molina, 17. Zardoya, 2. David, 3. Hamza, 4. Roger, 5. Palmas, 6. Luisma, 7. Rubi, 8. Andresito, 10. Joselito, 11.Lucas, 14. Jesús

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”