18/12/2014

O CD Burela FS e a Deputación de Lugo únense na promoción do fútbol sala feminino

O CD Burela FS e a Deputación de Lugo únense na promoción do fútbol sala feminino

O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, recibiu esta tarde, na sede burelista, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, para asinar un convenio de colaboración centrado no proxecto ‘Medrando en Igualdade 2.0’, impulsado pola entidade laranxa e que xa deu os seus froitos coa creación dun equipo filial feminino na localidade. Xunto a eles estiveron a xogadora e a delegada do Burela FS de Primeira División RFEF, Paula e María, e as xogadoras do equipo filial Gracieth e Noemí.



A axuda concedida pola Deputación abrangue dúas liñas, a promoción e difusión do fútbol sala feminino en toda a provincia de Lugo e o fortalecemento duns alicerces sólidos para o impulso de equipos femininos de categorías base. Dende o club laranxa, o presidente agradeceu o apoio amosado pola Deputación tanto dende a Área de Deporte coma da de Benestar e Igualdade e incidiu no compromiso burelista co fútbol sala en igualdade: “A filosofía do Burela FS fórxase no coidado e formación das categorías de base en igualdade. Dende 2007 temos equipos mixtos, algunhas tempadas xogamos con equipos femininos en ligas escolares e este ano estréamonos en Liga Provincial cun equipo filial” explicaba Manuel Blanco.



“O Burela FS é o equipo que máis éxitos lle deu a provincia de Lugo, algo que nos fai sentir moi ledos, pero o máis importante é o traballo que está facendo polo fútbol sala feminino e a prol da igualdade no deporte. Cremos que é un exemplo a imitar”, salientou Antonio Veiga.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”