19/12/2014

Vista Alegre vístese de derbi mariñán en Terceira División para despedir 2014

Vista Alegre vístese de derbi mariñán en Terceira División para despedir 2014

O Burela FS Pescados Rubén B despedirá 2014 na penúltima xornada da primera volta de Terceira División en Vista Alegre con derbi mariñán fronte ao sólido Pizzería A Fuga Xove FS; será mañá, sábado 20, a partir das 16.00 horas.



“Comezamos a tempada cun forte compromiso pola base, cun cadro de xente moi nova. Pouco a pouco nótanse os minutos sobre a pista; os rapaces van adquirindo táboas e iso reflectiuse nos últimos encontros nos que merecemos algo máis. Demos un salto de calidade a nivel competitivo pero aínda nos falta esa tranquilidade nos últimos metros” valoraba así o técnico laranxa, Iván Cao ‘Lucas’ a evolución do novísimo cadro burelista no primeiro tramo ligueiro, lamentándose das malas novas na enfermería: “Lesións graves, coma a de Cora a comezos de tempada, ou agora Pancho e outras molestias continuas lastraron bastante o crecemento do equipo”.



Antes da parada de Nadal, o Burela FS terá o privilexio de despedirse no seu feudo e cun grande aliciente, no duelo co Xove FS. Será un derbi de contrastes, coa segunda praza (24 puntos) defendida polos visitantes fronte á penúltima dos locais (9 puntos). No entanto, os derbis sempre son especiais e pode pasar de todo; os laranxas chegan dispostos a dalo todo fronte ao gran favorito das quinielas: “Creo que é o mellor cadro da categoría, cun boa mestura de experiencia e xuventude, con calidade individual e colectiva” definía deste xeito Lucas o rival.



Pazos de Borbén 3-2 Burela FS



Os pupilos de Lucas caeron pola mínima na pista do Pazos de Borbén (3-2). Erik, Alemán (1), Rubén (1), Pancho e Aitor compuxeron o cinco inicial; tamén xogaron Daniel, Alejandro, Jorge, Rafa, Riveiro e Javi Fajardo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.