24/12/2014

Nadal futbolístico

Nadal futbolístico

As categorías da base laranxa aparcarán este Nadal os seus compromisos ligueiros para afanarse na emoción dos torneos. Lugo, Betanzos e A Coruña serán os destinos para despedir 2014.




Os conxuntos Infantil A e Cadete B estrearán a primera fase do XIII Torneo de Futsal de Base Cidade de Lugo entre o venres 26 e o domingo 28.




O sábado 27, as promesas laranxas máis pequeniñas participarán no I Torneo de Nadal Prebenxamín Cidade de Betanzos.




O domingo 28, benxamíns e alevíns disputarán o VI Torneo de Reis Cidade da Coruña.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”