30/12/2014

Inter Movistar, rival laranxa para a Copa de España Cidade Real 2015

Inter Movistar, rival laranxa para a Copa de España Cidade Real 2015

O CD Burela FS Pescados Rubén xa coñece o rival de cuartos na súa estrea na Copa de España. O equipo laranxa viaxará a Cidade Real para enfrontarse ao actual campión de Liga e de Copa, Inter Movistar, o 12 de marzo de 2015, na xornada inaugural do campionato; precisamente os mariñáns darán a benvida ao ano este sábado na pista dos interistas coa 16ª xornada de Primeira División LNFS (18.00 horas).



“Xogaremos cun dos tres mellores equipos; sabiamos que había moitas posibilidades, pero tamén estamos contentos porque nos toca un dos partidos do xoves e se conseguimos pasar de cuartos teremos o venres de descanso, como queriamos, para recuperarnos” explicaba así o técnico laranxas as súas primeiras impresións tras o sorteo. “Será un campionato equilibrado; os grandes non se medirán ata semifinais e o resto iremos co obxectivo de estragar as previsións” opinaba o burelista.



Juanlu Alonso coincidiu co representante laranxa no sorteo de Cidade Real, Jorge Bellvert, en que a “participación do Burela FS na Copa xa é todo un premio; é unha cita para gozar”, puntualizando ademais sobre o afán de superación dos da Mariña: “Somos un equipo competitivo, en cada partido saímos a gañar e non imos cambiar a nosa filosofía. Sabemos que será difícil; intentaremos chegar aos últimos dez minutos con opcións e despois pode pasar de todo” explicaba Juanlu.



Ao acto do Teatro Quijano, emitido en directo por Teledeporte e presentado polo xornalista Jesús Álvarez, tamén acudiron o presidente e o vicepresidente do club laranxa, Manuel Branco e José Luis Sáez.




Emparellamentos de cuartos de final:



Xoves 12 de marzo de 2015



ElPozo Murcia FS-Jaén Paraíso Interior



Inter Movistar-Burela FS Pescados Rubén



Venres 13 de marzo de 2015



Magna Navarra-Palma Futsal



FC Barcelona-Aspil Vidal Ribera Navarra FS

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.