09/01/2015

Derbi galego para volver á Liga en 2015: CD Burela FS Pescados Rubén vs Poio Pescamar.16.00 HORAS

O Burela FS Pescados Rubén estrea 2015 en Vista Alegre co último derbi galego da primeira volta e a falta de tres citas para chegar ao ecuador ligueiro. Poio Pescamar, sexto clasificado (21 puntos) será o rival das laranxas, que non xogan n
Derbi galego para volver á Liga en 2015: CD Burela FS Pescados Rubén vs Poio Pescamar.16.00 HORAS
Despois do parón do Mundial de Costa Rica e as festas navideñas, co desprazamento a Majadahonda (4-4) no medio, o principal obxectivo das pupilas de Quico Otero, que custodian a terceira praza do podio (28 puntos), é recobrar o ritmo: “O máis importante é volver coller rápido o noso nivel e un equipo forte como Poio é o mellor aliciente” adiantaba o técnico burelista facendo fincapé nas virtudes das pontevedresas: “É un rival de gran solidez defensiva. Deberemos ter moita paciencia en ataque porque calquera erro pode propiciar unha contra perigosa. Ademais, cando non teñamos a posesión, debemos exercer unha boa presión para que non xoguen con facilidade ao pívot” explicaba así Quico Otero as claves para sacar un resultado positivo mañá.

Á baixa de Bea Mateos, que se recupera da súa esguince de xeonllo, súmase a ausencia de Paula, que sufriu un esguince de nocello na clasificación con Galicia Sub 21 na primeira fase do Campionato de España de Seleccións Territoriais o fin de semana pasado en Ourense (Galicia 8-0 Madrid, Aragón 1-8 Galicia). Tampouco estará Maite, sancionada cun partido de suspensión por protestar na última cita de 2014, en Majadahonda.

Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 13. Patri, 18. Shiori, 20. Tainã. Baixas: Bea Mateos e Paula, por lesión, Maite, por sanción.

COPA GALICIA

O Burela FS Pescados Rubén xogará a segunda eliminatoria da Copa Galicia o vindeiro mércores, 14 de xaneiro, na pista do Cidade As Burgas, segundo clasificado en liga (Os Remedios, 20.30 horas)

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.