24/01/2015

Vitoria in extremis do Burela Pescados Rubén ante o CD Orvina (3-2)

Vitoria in extremis do Burela Pescados Rubén ante o CD Orvina (3-2)
O Burela Pescados Rubén vence ao CD Orvina (3-2) con máis apuros dos esperados nun partido que resolveu Gaby no último minuto. O encontro comezou como era de esperar, dominio local ante un conxunto navarro que esperaba encerrado a súa oportunidade ao contragolpe. A saída laranxa tivo o seu premio co tanto de Lara, minuto 2, que abría o candado visitante. A pesar do 1-0 o guión mantívose aínda que as pamplonicas non xeraban excesivo perigo á meta defendida por Jozi. O control burelés reforzouse con 2-0 nunha xogada na que Claudia lanzou un pase ao interior do área que Yessica introduciu na súa meta. O partido baixou de ritmo e nunha acción illada as navarras tiveron a fortuna de acurtar distancias (2-1) cun gol de Patri. Con este marcador chegouse ao descanso e na segunda parte o Burela Pescados Rubén saíu decidido para ampliar a súa renda. As mariñás gozaron de oportunidades para iso e trala expulsión de Yessica, minuto 29, tivo unha oportunidade inmellorable con superioridade numérica pero sorprendentemente chegou o empate do Orvina nunha contra que finaliza Luci. O empate navarro (2-2) deu paso a uns minutos de desconcerto burelés que no tramo final apostou polo xogo de cinco e o tanto vitorioso levou a firma de Gaby que cun gran disparo logrou o 3-2 final, sumando tres valiosos puntos. Ficha técnica Burela Pescados Rubén: Jozi, Maite, Peque, Shio, Lara –cinco inicial- Gaby, Tainã, Claudia, Bea Mateos, Kiko, Paula. CD Orvina: Rebeca, Patri, Luci, Laura Jiménez, Yessica Gascón – Susana, Aiora, Irune. Goles: 1-0, m.2, Lara; 2-0, m.10; 2-1, m.13; 2-2, m.31, Luci; 3-2, m.40, Gaby. Árbitros: Granda Candás, Hevia Campa. Asturias. Amosou cartón amarelo a Peque no Burela e doble amarela a Yessica do Orvina.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.