30/01/2015

Vista Alegre recibe o sólido Palma Futsal no segundo acto da Tarde Laranxa

Vista Alegre recibe o sólido Palma Futsal no segundo acto da Tarde Laranxa

Despois do apaixonante duelo entre Burela FS Pescados Rubén e Atlético de Madrid Navalcarnero no podio de Primeira División RFEF (16.00 horas), a Tarde Laranxa de Vista Alegre continuará co seleccionador nacional, José Venancio López Hierro como invitado de luxo, ás 18.30 horas coa visita do sólido Palma Futsal na 20ª xornada da elite LNFS.



O equipo de Juanlu chega á cita na novena praza (25 puntos) tras un tropezo, o de Peñíscola (4-1), que para os mariñáns non é máis que “unha motivación máis para o grupo ante novos compromisos”, explicaba o técnico laranxa. En fronte estará a quinta praza dos insulares, dirixidos polo exburelista Juanito (33 puntos): “É un dos mellores cadros da liga; destaca pola calidade técnica dos seus xogadores, con nutrida capacidade para definir” analizaba Juanlu, ao que engadía: “Debemos expoñer un partido físico, creo que somos mellores nas transicións e en intensidade. Debemos incomodalos e que non lles dure moito a pelota porque é un equipo que está máis cómodo levando o peso do partido que á contra” puntualizaba o adestrador da Mariña sobre as claves do partido.



A afección laranxa poderá gozar mañá do primeiro partido de Behroz en Vista Alegre, logo da súa estrea da semana pasada na pista do Peñíscola. Isi será unha semana máis baixa, pola súa rotura de fibras; prevese que poida estar de volta nun mes aproximadamente. Pola súa banda, nas filas insulares debutará o peche brasileiro Attos.



No partido de ida o Palma impúxose na casa 6-3.




Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Bellvert, 5. Iago Míguez, 9. Behroz, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder



Convocatoria Palma Futsal: 1- Barrón, 2- Burrito, 4- Vadillo, 6- Joao, 7- Sergio, 10- Joselito, 13- Taffy, 14- Tomaz, 15- Medina, 16- Chicho, 18- Attos, 94- Paradynski



 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.