06/02/2015

Gran rival para seguir mirando cara arriba

Gran rival para seguir mirando cara arriba

O Burela FS Pescados Rubén visita mañá, na 17ª xornada de Primeira División RFEF, a sólida pista do UA Alicante, quinto clasificado (29 puntos); a cita dará o pistoletazo de saída ás 18.30 horas. “Tras o resultado con Navalcarnero comezamos a semana abatidos, pero enseguida conseguimos centrarnos exclusivamente en Alicante. É un gran rival, poderoso, para arrincar a nosa máxima concentración e pelexar por seguir mirando cara arriba na táboa” explicaba Quico Otero.



“É un rival moi forte na casa; só perdeu puntos cun empate e só encaixou oito goles en contra” puntualizaba o adestrador laranxa sobre o UA Alicante, incidindo ademais sobre as posibles sorpresas do rival: “Ata agora vimos un equipo moi agresivo que rouba moito na primeira liña; co seu recente cambio de adestrador chegará con extra de motivación”.



Desde a terceira praza do podio (37 puntos), o obxectivo burelista son os tres puntos, sen contemplacións. “Debemos pulir a nosa materia pendente, a finalización. Non podemos xerar tanto perigo en ataque e perder as ocasións porque despois podémolo pagar caro, como nos pasou a semana pasada ante o líder tras unha magnífica primeira parte. Debemos dar o 100% por todos, por nós, polo club e pola afección”, advertía o mariñán.



A única ausencia das filas burelistas será Patri, que continúa coa súa recuperación tras a intervención de menisco.



O equipo laranxa tamén estará pendente do que pase en terras madrileñas mañá a partir das 18.00 horas, co enfrontamento entre a primeira praza do Atlético de Madrid Navalcarnero (44 puntos) e a segunda do Cidade das Burgas (42 puntos).




Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 17. Maite, 14. Bea Mateos, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.