06/02/2015

A FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA RATIFICA A SÚA INTEGRACIÓN NA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALVAGARDANDO AS PARTICULARIDADES DO FÚTBOL SALA

A Asemblea Extraordinaria da Federación Galega de Fútbol Sala, celebrada onte na Coruña, ratificou a súa fusión e integración na Federación Galega de Fútbol, salvagardando as particularidades do fútbol sala. Así o apoiou unha amplísima maio
A FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA RATIFICA A SÚA INTEGRACIÓN NA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALVAGARDANDO AS PARTICULARIDADES DO FÚTBOL SALA
O vicepresidente da FGFS, José Luis Sáez, declarou no programa Galicia en goles da RTVG que “houbo un abrumador apoio de ratificación dos estatutos que xa se aprobaran no seu día pola Federación Galega de Fútbol por unanimidade. O artículo 94 que foi o que agora ratificamos sin ningún voto en contra, ben a decir que o Fútbol Sala, dentro da FGF, terá unha semiautonomía para a organización da competición, calendarios, arbitraxes, así como na elección da súa xunta directiva. Sempre dentro da FGF, como unha modalidade ou especialidade que pertence a esta federación”. A xestión do Fútbol Sala “seguirá como ata a data de hoxe, o fútbol sala galego ten dado moitos éxitos a nosa Comunidade Autónoma e a xestión de Juan Probaos ahí está coa progresión e afianzamento aque ten o fútbol sala en Galicia. Colaborando estrictamente coa Federación Galega de Fútbol e a española seguiremos traballando a prol do fútbol sala”. Respecto a outro aspecto do artigo 94 explicou que “ neste artigo, aprobado unánimemente xa en agosto pola FGF e que agora ratificamos dice, entre outras cousas que para calquera modificación neste artigo e nos estutatos que dentro da FGF que absorbe ao fútbol sala precisanse dous tercios do fútbol sala. Pensó que é unha forma na que o fútbol non se sinta tampouco agredido, xa que nunca o fútbol sala vai intervir nas decisións no fútbol e o futbol sala vaise administrar a sí mismo, repito sempre dentro da FGF e da normas da RFEF”

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.