14/02/2015

Derrota inxusta nunha tarde de goles: Burela FS Pescados Rubén 5-6 DLink Zaragoza

Derrota inxusta nunha tarde de goles: Burela FS Pescados Rubén 5-6 DLink Zaragoza

Vista Alegre foi testemuña no Entroido Laranxa dun partido de goles que virou as costas ao Burela FS Pescados Rubén na recta final. O DLink Zaragoza levou os tres puntos da Mariña (5-6) logo de ir a remolque durante todo o encontro, cun penalti materializado a pouco máis dun minuto para a bucina final.



Edu e Abel Budría enseguida se converteron nuns dos grandes protagonistas da cita, con moitísimo traballo baixo os paus e oportunas intervencións; aos 27 segundos de xogo, Nano Modrego xa intentaba soprender a Edu, pero Mata tamén tivo ocasión por partida dobre ante Abel no chan no primeiro minuto. Os de Juanlu souberon atopar as fendas da defensa zonal maña. Tras un magnífico contraataque iniciado por Mata no minuto 2, que intentou finalizar Antoñito topándose co ombro de Abel, Iago Míguez adiantou os laranxas no minuto 4, sorprendendo ao meta maño desde os 15 metros. Con todo, nun encontro que xa marcaba a súa dinámica con continuas idas e vindas, Richi Felipe, tan só uns segundos despois, conseguiu empatar. Moi atento estivo Edu nos seguintes compases freando unha dobre tentativa do DLink. No minuto 8, de novo colleu as rendas o Pescados Rubén, cunha brillante contra de Miguel que lle cedeu o balón a Chano nun cara a cara con Budría. Era o minuto 8 e os burelistas xa tiñan cinco faltas, con todo seguiron xerando ocasións. Matamoros, incansable e feroz, dispuxo dos mellores balóns: no 8, de lonxe, no 16, desde saque de esquina, e o 18 en contraataque.



Con 2-1, a segunda parte comezou con repartación de ocasións desde o salto á pista, con Mata, de falta directa, e Nano Modrego, en loita con Edu e Bellvert na liña de meta local. Behroz ampliou distancias, no 25, nunha acción individual. Superado o minuto 30, os visitantes reduciron distancias de novo a balón parado, ao aproveitar Nano Modrego fronte a Edu un rexeite da falta recolleita por Catela. Non se amilanaron os burelistas e enseguida volveron poñer terra por medio segundos máis tarde con Iago Míguez en galopada (minuto 31), aínda que Catela subiu o 4-3 acto seguido en xogada combinativa e Álex Verdejo empatou no 34, desde saque de esquina de Retamar. Sen tempo nin para respirar, tivo de novo nos seus pés Mata a vantaxe cun mísil que estrelou contra o pau; no 36 non fallou e sentenciou o 5-4 desde saída de córner.



A falta de tres minutos para o final e logo dun balón envelenadísimo de Antoñito, asistido por Iago, o Zaragoza apostou por Víctor Tejel con xogo de cinco e foi o propio porteiro-xogador o que subiu o empate a falta de 1.21 minutos. Respondeu o Burela FS con Miguel de cinco. O 5-6 definitivo chegou de penalti, de Nano Modrego, tras amarela a Antoñito, tan só 9 segundos despois. Behroz puido asinar o empate a 27 segundos sen tempo para máis.



Ficha técnica



Burela FS Pescados Rubén: Edu, Bellvert, Iago Míguez, Matamoros, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Chano , Miguel, Behroz, Carlitos



DLink Zaragoza: Abel Budría, Víctor Tejel, Retamar, Álex Verdejo, Nano Modrego, cinco inicial; tamén xogaron Richi Felipe, Catela, David Ruiz, Óscar Villanueva, Carlos García



Goles: 1-0, minuto 4, Iago Míguez; 1-1, minuto 5, Richi Felipe; 2-1, minuto 8, Chano; 3-1, minuto 25, Behroz; 3-2, minuto 30, Nano Modrego; 4-2, minuto 31, Iago Míguez; 4-3, minuto 31, Catela; 4-4, minuto 34, Álex Verdejo; 5-4, minuto 36, Matamoros; 5-5, minuto 38, Víctor Tejel; 5-6, minuto 38, Nano Modrego (penalti)



Tarxetas: Por Burela FS amarela a Bellvert (minuto 1), Iago Míguez (minuto 7), Antoñito (38), Miguel (38), Carlitos. Por Zaragoza amarela Víctor Tejel (minuto 5), Retamar (minuto 35), Nano Modrego (minuto 36)



Árbitros: Martínez Segovia (Cuenca) // Munez Carpintero (Madrid) Incidencias: Partido correspondente á 22ª xornada de Primeira División LNFS, disputado en Vista Alegre. Arredor de 800 espectadores

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.