07/03/2015

Os castrexos asaltan a muralla (3-7)

O derbi lucense finalizou cunha contundente e merecida vitoria do Burela Pescados Rubén no feudo do Prone Lugo (3-7). O duelo provincial constatou a superioridade burelesa ante un voluntarioso conxunto local que aínda que logrou adiantarse
Os castrexos asaltan a muralla (3-7)
O encontro comezou con ambas escuadras pulsando ao seu rival, o Prone aproveitou un córner para tomar vantaxe por mediación de Javi Río (m.4). O 1-0 provocou a reacción mariñán e Chano, por partida dobre, remontou o marcador. O empate nun remate ao bordo do área e o 1-2 nunha gran acción individual que finalizou coa zurda. Os pupilos de Juanlu comezaron a levar o timón do partido fronte a un Prone que esperaba a súa oportunidade ao contragolpe. Matamoros avisou co seu disparo ao pau e no tramo final o meta local, Illi, tomou protagonismo ao evitar tres claras ocasións mariñás. O acoso á meta pronista tivo o seu premio no último minuto, Bellvert situou o 1-3 tras finalizar unha gran xogada colectiva e con ese marcador chegouse ao intermedio. Na segunda parte, o equipo dirixido por Manolo Vázquez comezou con maior intensidade que os bureleses pero non acertou para recortar distancias. Tras desperezarse, o Burela Pescados Rubén tomou o control do partido sen discusión e comezou a plasmar o seu mellor xogo coa autoridade dos goles. En cinco minutos sentenciou o derbi e deleitou á súa afección con goles de fermosa factura. Matamoros asinou o 1-4 tras varias combinacións con Iago Míguez, Miguel marcou o 1-5 a pase de Chano, gran partido do andaluz, que repetiu asistencia cun pase de tacón que Behroz aproveitou para situar o 1-6. Sen tempo para repoñerse o Prone recibiu tamén o 1-7 que supuxo o dobrete do iraní. Con nove minutos para o desenlace o encontro quedou visto para sentenza e únicamente a relaxación final dos mariñaos permitiu maquillar o resultado final cos goles de Alex Diz e Javi Río (3-7). Ficha técnica Prone Lugo: Illi, Iago Rodríguez, Alex Diz, Antonio Diz, Manuel María – cinco inicial- Cospe, Rubén Mouriz, José López, Diego Fente, Javí Río. Burela FS Pescados Rubén: Alex, Iago Míguez, Carlitos, Matamoros, Jorge Bellvert –cinco inicial- Chano, Behroz, Miguel, Antoñito, Helder. Goles: 1-0, m.4, Javi Río; 1-1, m.4, Chano; 1-2, m.6, Chano; 1-3, m.20, Bellvert; 1-4, m.27, Matamoros; 1-5, m.28, Miguel; 1-6, m.31, Behroz; 1-7, m.31, Behroz; 2-7, m.34, Alex Diz; 3-7, m.40, Javi Río. Árbitros: Sanzol Goñi, Urdanoz Apezteguia. Tarjetas: En el Prone Lugo amarilla a Alex Diz (m.8), Javi Río (m.12) e Illi (m.33). No Burela Pescados Rubén amarela para Matamoros (m.24) e Alex (m.32). Incidencias: Partido correspondente á 25ª xornada de Primeira División, disputado no Municipal de Lugo que contou con numerosa presencia de afeccionados laranxas.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.