10/03/2015

Neoplan para a quixotesca fazaña na Copa de España

Mércores 11 de marzo de 2015, ás 00.00 horas, arrincará o autobús dos soños laranxas. Tras numerosos destinos e miles de quilómetros realizados, o autocar diríxese por primeira vez na historia do CD Burela FS Pescados Rubén á Copa de España
Neoplan para a quixotesca fazaña na Copa de España
O Burela Pescados Rubén parte á Copa cun plan para derrocar ao todopoderoso Inter Movistar. Ademais de acharse en terreo de fazañas quixotescas tamén contará con “Neo” que, do mesmo xeito que os castrexos laranxas, sacará a relucir as súas mellores galas e prestacións para esta emocionante e anhelada aventura. O “Neoplan”, propiedade da empresa mindoniense de transportes Autos Morán S.A, portará os emblemas de Deporte Galego e a forza unha Galicia Saudable que animará aos galaicos. Para tan esperada e extraordinaria ocasión tamén lucirá, entre outros, o logo da desexada Copa de España. “Neo” transportará aos elixidos para a fazaña do Quixote Area, e os designados para o reto en Cidade Real son: Edu, Álex, Erik, Jorge Bellvert, Iago Míguez, Behroz, Miguel, Carlitos, Antoñito, Renato, Ángel, Matamoros, Chano e Helder. O técnico burelés, Juanlu Alonso, non poderá contar con Isi, baixa por unha luxación de ombreiro, e o capitán burelés Edu únicamente participará en caso de extrema urxencia debido á súa fractura no pé esquerdo, aínda que transmitirá a súa forza ao equipo do mesmo xeito que Isi que estará presente nas gradas do Quixote Area. Coas cámaras de Teledeporte como testemuña, o Burela Pescados Rubén afrontará o quixotesco desafío ante o Inter Movistar o xoves día 12 de marzo, a partir das 21.15 horas. En paralelo á Copa, dispútase a Minicopa infantil na que o futuro do CD Burela FS Pescados Rubén mídese tamén á escuadra interista. A súa cita é o venres día 13, ás 12.30 horas no pavillón Porta Santa María.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.