12/03/2015

A Copa de España, un soño tamén para o Futuro Laranxa

A Copa de España, un soño tamén para o Futuro Laranxa

O Burela FS Pescados Rubén gozará por partida dobre da Copa de España Cidade Real 2015. Xunto ao equipo de Primeira LNFS, que se medirá esta noite ao actual campión, Inter Movistar (21.15 horas, Teledeporte), tamén debutará o equipo Infantil. Dirixido por Mario Pillado e Christian Fustes, o conxunto de base mariñán participará na Minicopa baténdose ao mesmo rival que o sénior, mañá, ás 12.30 horas (pavillón Puerta Santa María).



Álvaro Dorado, Bruno García, Jairo Ares, Yeremay Aisa, Aarón Artime, Diego Lúa, Renato Rodrigues, Aitor García, Eurickson Gomes, Manuel Rubiños, Nicolau Vizoso e Miguel Alves compoñen o cadro laranxa, xunto aos delegados Andrés Vizoso e José Manuel Ares. A expedición chegará ao seu destino de Copa esta tarde para animar o conxunto de Juanlu Alonso na súa gran xesta de hoxe en cuartos no Quijote Arena. Mañá inverteranse os papeis; os representantes do Futuro Laranxa recibirán o apoio de xogadores e corpo técnico de Primeira desde a bancada.



As semifinais e final poderán verse en directo en www.lnfs.es.




Venres 13 de marzo



Pavillón Puerta Santa María



10.30 horas: ElPozo Murcia FS-Jaén Paraíso Interior



12.30 horas: Inter Movistar-Burela FS Pescados Rubén



Pavillón Príncipe Felipe



10.30 horas: Magna Navarra-Palma Futsal



12.30 horas: FC Barcelona-Aspil Vidal Ribera Navarra FS



Sábado 14 de marzo, Pavillón Quijote Arena



10.30 horas: Semifinal 1 Gañador (A) - Gañador (B)
12.30 horas: Semifnal 2 Gañador (C) - Gañador (D)



Domingo 15 de marzo, Pavillón Quijote Arena



12.00 horas: Gañador Semifinal 1 - Gañador Semifinal 2

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.