19/03/2015

O Burela Pescados Rubén visita a un Rioxa que pelexa por meterse na Copa

O Burela FS Pescados Rubén afronta este sábado unha complicada saída á pista do Rioja FSF, que pelexa por meterse en postos de Copa de España. O Palacio dos Deportes de Logroño acollerá o encontro a partir das 18.00 horas, co apoio da peña
O Burela Pescados Rubén visita a un Rioxa que pelexa por meterse na Copa
As pupilas de Lucas veranse as caras cun rival que atravesa un bo momento, que acabou coa imbatibilidade do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, a semana pasada (4-5); ocupa a quinta praza (40 puntos), a tan só 1 punto da cuarta. “Veñen de conseguir unha vitoria moi importante, tanto anímica como na clasificación; sabemos que será complicado pero se podemos ser máis eficaces para finalizar as nosas ocasións podemos regresar cos tres puntos” avanzaba o técnico laranxa, diagnosticando o maior perigo das rioxanas na “rapidez das súas xogadoras en contraataque”.
A expedición mariñá partirá mañá, ás 10.30 horas, coas baixas de Lara, cunha escordadura de nocello sufrido no quentamento do partido ante Bilbo FS o sábado pasado, e Kiko, por enfermidade. Volve á convocatoria a gardameta Patri. A última sesión de adestramento está prevista xa na cancha logroñesa, mañá, ás 20.00 horas.
Na primeira volta as burelistas impuxéronse por 6-2.
Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 17. Maite, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.
Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén xa ten data para a final da Copa Galicia fronte ao Ourense Envialia. Será o mércores 1 de abril, na localidade coruñesa das Pontes, a partir das 19.00 horas.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.